![]()
VILAGARCÍA> Un mitin en toda regra foi o que ofreceu Javier Puertas na Peixería. O acto, ó que asistiron máis de trescentas persoas …
{flowplayer}images/salnes/mitin_puertas.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Un mitin en toda regra foi o que ofreceu Javier Puertas na Peixería. O acto, ó que asistiron máis de trescentas persoas serviu para a presentación pública do seu proxecto e dos colaboradores cos que conta.
A algúns deles fíxoos subir ó escenario, como as últimas fichaxes, Alberto Gallego ou Amado Cascallar. Puertas. Tamén subiu Jesús Pérez Arca, deputado no Congreso, para quen tivo unha mención especial.
Puertas expuxo algúns compromisos, en resposta ás peticións feitas pola militancia nestes días. Así, prometeu crear unha oficina de atención a militantes e simpatizantes e tamén celebrar cada ano unha asemblea na que expor os informes económicos e políticos.
Javier Puertas non dubida que o vindeiro sábado será proclamado novo presidente do PP local e animou ó seu auditorio a votar. Cre que este congreso marcará un antes e un despois na historia do partido e tamén na do Concello.
Puertas indicou que con el hai un equipo, no que todos terán unha tarefa, co ánimo de fuxir de personalismos.
Redacción Salnés









