Opmega premia a 14 estudantes da comerca no seu concurso fotográfico e audiovisual Batéate

VILAGARCÍA> A organización de produtores de mexillón de Galicia celebrou a gala final da súa campaña Batéate. Nesta iniciativa participaron 10 centros escolares da comarca presentando as súas reportaxes fotográficos ou audiovisuais sobre o sector bateeiro. O obxectivo deste proxecto é mostrar aos mozos e mozas que nas bateas hai unha saída laboral.

A organización de produtores de mexillón de Galicia puxo en marcha unha iniciativa para dar a coñecer o seu traballo nos centros educativos da comarca. Mediante a campaña Batéate, os produtores mostraron ao alumnado de 4 da ESO e de FP as tarefas do seu sector.

A campaña Batéate completábase cun concurso de fotografía e outro de reportaxe audiovisual, onde os alumnos realzaron os seus traballos sobre o sector bateeiro. Nel participaron o estudantes de 4 da ESO e de FP de 10 centros da comarca. Hoxe tivo lugar a gala final dunha campaña na que tamén participou o humorista Carlos Blanco. Os gañadores do concurso fotográfico foron Andrea Novás e Keisha Marrone do IES Armando Cotarelo, Juan Ventoso e Nahir Torrado do Faro das Lúas, Lucía Devesa e Paula Dominguez do Monte da Vila, Blancha Fernández e Mateo Crespón do Ramón Cabanillas e Cecilia González e Hugo Romay do IES Sanxenxo. Na categoría de vídeo as galardoadas foron Beatriz Fernández do IES Cotarelo, Nuria Dovalo do Ramón Cabanillas e AInara Martínez e Marta Bermúdez do IES Sanxenxo.

Opmega é unha agrupación de produtores que conta con máis de 450 asociados e mobiliza cada ano máis de 60 toneladas de mexillón. O obxectivo desta campaña é mostrar aos mozos e mozas que no sector do mexillón teñen unha saída laboral.

O sector do mexillón atópase agora mesmo inmerso na campaña de vendas de nadal, a máis importante do ano. Dende Opmega sinalan que as vendas comezaron por debaixo do agardado pero agardan que demanda aumente a medida que avancen estas datas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí