Traballadores de Vimenca, desmoralizados por un roubo a pasada noite

    roubovimenca100_081107.jpgVILAGARCIA > A situación dos traballadores de Vimenca segue igual. Como recordarán, levan 5 meses sen cobrar

    …e facendo o seu torno de traballo cada día, polo abandono dos seus xefes,que tiveron problemas de denuncias entre eles, e non se puxeron de acordo co reparto da empresa. Pero esta mañá, os traballadores ademais tiveron unha desagradable sorpresa: alguén entrou nas instalacións para causar danos nas oficinas, roubar ferramenta e cobre dos transformadores.

    Séntense abandonados, nunha situación insoportable, case sen ganas de seguir adiante e coa moral polo chan. Pero por si fora pouco este malestar, na pasada noite entraron a roubar e causar desfeitas polas instalacións da empresa Vimenca.

    Roubaron ferramenta, chaves e cobre de dous transformadores de gran tamaño, que tiveron que desmontar en varias horas. Esta mañá esperaban, despois de pasar por alí a policía, que chegaran os de balística. Eles non poden poñer a denuncia así que limitáronse a chamar a policía e dar parte, para que localizasen os propietarios da empresa.

    O próximo día 12 de decembro é o xuízo, e non descartan que todo isto sexa para implicalos no roubo. Chámalles a atención que non levaran nin ordenadores, impresoras nin nada de valor. Teñen as súas sospeitas, pero non queren dicir nada as claras, por non ter mais problemas dos que xa teñen.

    Xa son cinco nóminas e tres pagas extra as que lle deben a estes traballadores, os empresarios desaparecidos, dunha empresa que comezou en Noalla fai case corenta anos e que trasladouse a Pousadoiro fai vintedous. Unha triste situación a que xa non lle ven solución nin modo de encontrar paciencia.

    Redacción Salnés.