Catoira inaugura o seu paseo fluvial polo río Ulla

    paseofluvial100__071107.jpgCatoira > A senda peatonal, de pouco mais de dous kilómetros, une as famosas construccións vikingas de Catoira, co concello veciño de Valga.

    Esta é unha actuación que se enmarca dentro dun programa mais ambicioso da Dirección Xeral de Costas: que o litoral galego sexa transitable e accesible a tódolos cidadáns.

    En Catoira levaban unha década esperando que este paseo puidese ser unha realidade. Así o manifestou esta mañá o seu alcalde, Alberto García, que estivo acompañado na inauguración da senda peatonal polo Director Xeral de Costas, José Fernández Pérez, a Xefa provincial deste departamento, Cristina de Paz Curbera, e o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Delfin Fernández.

    O proxecto, que contou coa aprobación do Ministerio de Médio Ambiente, supuxo un orzamento de case 700.000 euros. E é que ademais da contrución do paseo peatonal, tamén se levaron a cabo outros traballos coma a recuperación da marismas, o acondicionamento do borde fluvial do río Ulla ou a plantación de especies autóctonas coma salgueiros e ameneiros.

    No acto ó Director Xeral de Costas, José Fernández Pérez, tivo que responder ás preguntas dos xornalistas sobre o futuro de sendas que tamén están dentro do programa de Costas pero que levan tempo paralizadas, como a construción do segundo tramo do paseo marítimo da Lanzada. José Fernández saíu ó paso das preguntas asegurando que o estudo do proxecto está agora en trámite e que mesmo poderia estar rematado antes de que finalice este ano.

    Sobre o proxecto da recuperación do río Umia, en Ribadumia, Fernández Pérez dixo que esta é unha actuación cun período de maduración máis complexo dado os problemas medioambientais que presenta, pero asegurou que se está a traballar nela e que pronto se comezará a súa execución.

    Redacción Salnés