Crease a comisión de seguimento das obras do polígono industrial de Barro-Meis

    comisionbarromeis_100_001.jpgPONTEVEDRA > Hoxe constituíuse a comisión de seguimento e coordinación das obras de creación do polígono industrial BARRO-MEIS.

    Entre os presentes nesta primeira sesións atopábanse o Vicepresidente da Deputación e presidente executivo do IPESPO, José Juán Durán, o director deste mesmo Instituto para a Promoción e o equipamento do solo industrial da Provincial, Tomás Fole, o administrador, Mariano Gómez-Ulla, o enxeñeiro técnico da deputación, Manolo Juanatey, e representantes das empresas adxudicataria e da dirección das obras.

    Todos eles fixeron unha valoración do ritmo desta actuación que xa ten executado o case o 18 por cento do investimento previsto, ou o que é o mesmo, 2 millóns de euros. A comisión asegurou que as obras marchan a bo ritmo grazas as boas condicións meteorolóxicas dos últimos meses.

    No sucesivo, os prazos poderían verse alterados por factores de xestión ou relacionados co abastecemento. O Presidente executivo da IPESPO sobranceou a importancia deste polígono industrial que estaba destinado a converterse no máis destacado da provincia, por detrás da Plisán de Salvaterra do Miño. Asemade, agardan que esta actuación sirva para frear o éxodo das empresas galegas ó norte do país veciño.

    O fío desta cuestión, o vicepresidente da Deputación lamentou o parón que están sufrindo outros polígonos galegos, ó parecer, pola falla de eficacia ou de entendemento no seo do goberno autonómico.

    Redacción Salnés.