Ravella mellora a accesibilidade no Castro Alobre

    VILAGARCÍA> Vilagarcía continúa a traballar para pór en valor o Castro Alobre e o seu entorno. A última das actuacións consistiu en mudar a madeira por aceiro corten nos accesos, ademais de instalar escaleiras en zonas onde antes non as había. Tamén traballarán para dar a coñecer este espazo aos veciños, organizando visitas dos colexios vilagarciáns. A madeira deixa paso ao aceiro corten no Castro Alobre. O concello mudou a este material na súa última intervención no entorno, para mellorar a seguridade na zona. Para o goberno local, o Castro Alobre ten que ser un potencial turístico, ademais dunha referencia medio ambiental e patrimonial da vila. Por iso continuarán traballando na zona. Mentres o concello traballa no entorno, os operarios da Deputación continúan coa consolidación dos achados arqueolóxicos. Da seguinte fase, a de musealización, encargarase o Ministerio de Fomento, segundo o acordo asinado entre as tres administracións. A intención do goberno local tamén é dar a coñecer os atractivos do Castro Alobre entre os vilagarciáns. Por iso preparan varias visitas dos nenos de primeiro e segundo de primaria dos colexios da vila. Para divulgar estes achados entre os máis pequenos, o concello volveu recorrer aos Bolechas. Distribuirán entre os colexios vilagarciáns 2.000 copias dun conto no que as populares personaxes visitan o Castro Alobre. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/visita_castro_alobre_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/10/visita_castro_alobre.mp4{/flowplayer}