O Arousa toma aire tras vencer no derbi ó Céltiga

celtiga100_121107.jpgSALNÉS > A Terceira Galega vivíu esta fin de semana o apaixoante derbi entre Céltiga e Arousa, que rematou con victoria para os vilagarciáns. Triunfo do Vilalonga e empate do Portonovo.

Foi o Arousa quen se levou o derbi (0-1) no Salvador Otero, nun partido no que o Céltiga puxo as ocasións e o Arousa o gol.

O tanto de Carlos Padín no minuto 9 foi suficiente para uns vilagarciáns que tiveron no seu porteiro Roberto Pazos ó mellor xogador do partido. Os locais acusaron o cansancio acumulado tras xogar catro partidos en once días e incluso perdoaron o empate errando un penalti. Ambos equipos quedan agora igualados na xeral, na zona quente da táboa con 12 puntos.

Máis complicada é a situación do Portonovo que arrancou un empate da súa visita ó campo do Montañeros que lle serve para abandona-lo último posto da clasificación. Miguel e Fiti adiantaron por dúas veces ó Portonovo pero os locais foron quen de iguala-lo partido. Ó final 2-2, pese a que o Montañeros xogou con dez case sesenta minutos.

Por último, o Vilalonga, que continúa intratable en San Pedro. É o mellor equipo da categoría coma local e onte notouse; 1-0 ante o Rápido de Bouzas, nun partido pouco vistoso dos de Josiño, pero moi práctico. O gol conseguido por Luismi foi suficiente para un Vilalonga que tivo que xogar os últimos vinte minutos en inferioridade numérica pola expulsión de Adrián. Agora xa son séptimos, a tan só dous puntos dos postos de ascenso.