A nova directiva de Opmega conta co respaldo maioritario dos socios

    VILAGARCÍA > A organización de productores de Mexillón de Galicia, OPMEGA, conta dende onte a tarde cunha nova equipa directiva; encabezada por Francisco Dios Rodríguez, da Delegación San Esteban -AMI da Illa.

    presidenteopmega_300.jpgNestes comicios internos de OPMEGA, celebrados no vilagarcián edificio do mexillón, a nova directiva contou cun importante apoio dos socios.

    Este respaldo tradúcese do seguinte xeito en termos cuantitativos: dos 707 socios 579 votaron a favor; 60 abstivéronse e 68 votaron en contra. No relativo ó número de bateas que representan os socios; cabe dicir que do total das 1.069 bateas; a nova directiva recibiu o voto favorable de 904; ademais de 56 abstencións e 109 votos en contra.

    Nesta nova etapa, o Mariñán, como se coñece popularmente ó novo presidente, estará acompañado dos seguintes bateeiros na recen escollida directiva: o vicepresidente será José Ignacio Lorenzo Oubiña, de Aspromeri de Rianxo; como secretario, Jesús Castiñeiras Martínez, de Amecomra de Combarro; como vicesecretaria Elena Rodríguez de Muros; como tesoureiro Francisco Sobradelo España, de Vilaxoán;como vicetesoureiro, Vicente Martínez Núñez de Ría de Vigo e como vocal Ricardo Herbón Hermida de Abanqueiro.

    Francisco Dios asegurou que este cumprido respaldo lles vai a dar folgos para traballar a prol da unidade e o diálogo, tanto no seo interno desta organización como tamén con outros organismos, como é o caso do Consello Regulador do Mexillón. Pola súa banda, o presidente saínte, o ribeirense Esteban Paz lamentou ter que abandonar este cargo sen ser quen de conseguir os obxectivos marcados; dada a falla de apoio dos asociados.

    Redacción Salnés.