O sorteo da bonoloto do mércores deixa un premio de 50 mil euros en Rianxo

RIANXO> O boleto premiado foi selado na administración de lotaría Número 2, ‘O Mexillón de Ouro’. O premio é de segunda categoría, 5 acertos máis o complementario. E a combinación gañadora foi o 31, 42, 48, 35, 43 e 15. O número complementario o 17 e o reintegro o 44.

Foron un total de catro boletos premiados en toda España. Ademais de Rianxo, resultaron  tamén agraciadas  outras localidades de Girona, Segovia e Sevilla.

Dende que se coñeceu a nova, foron moitas as persoas que se achegaron ata o establecemento para ver se foran eles os afortunados. Pero polo de agora descoñécese a súa identidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí