Alberto Meira foi o máis rápido no Rally do Albariño

alabrio250_260508.jpgSALNÉS > Voltou un ano máis o Rally do Albariño, marcado nesta ocasión polas inclemencias metereolóxicas. O vigués Alberto Meira, ós mandos dun Mitsubishi, adxudicouse a victoria final por diante de Fernando Rico e Pablo Rey.

A chuvia e os problemas mecánicos foron este ano os protagonistas no Rally do Albariño. A gran maioría dos pilotos que a priori partían coma favoritos foron caendo por diferentes incidencias, a maioría delas técnicas.

O primiero en despedirse da victoria final foi Luis Vilariño, que xa non puido tomala saída en Meaño. Tamén en Meaño, Pedro Burgo, líder do Campionato Galego, tívose que retirar debido a un problema de transmisión no seu vehículo que xa non lle permitíu corre-lo treito de Barro.

A proba semellaba poñerse de cara para o cuntiense Bamarti, que defendía seu título acadado o ano pasado, pero a dureza do trazado tamén fixo mella nel e xa non puido chegar nin sequera ó parque pechado ó mediodía.

A xornada da tarde non comezou ben xa que a organización tivo que neutraliza-la primeira pasada polo treito de Rebón. Así as cousas Alberto Meira tomou o mando da carreira e non desaproveitou a súa oportunidade para lidera-la proba en Xiabre e Moraña. O vigués levouse a victoria final por diante dos coruñeses Fernando Rico e Pablo Rei, ambos tamén ós mandos dun Mitsubishi.

Destacable foi tamén o papel dos ribadumieses Celestino Iglesias e Jaime Castro que remataron en oitavo e decimosexto posto, respectivamente.

Segundo as cifras facilitadas pola Garda Civil unhas 40.000 persoas seguiroin a proba in situ, uns números propios dos rallys máis grandes .

Redacción Salnés