Máis de douscentos corredores xa inscritos para o Trail de San Isidro

POBRA> Chega a Pobra a quinta edición do Trail de San isidro. Máis de douscentos corredores daranse cita nesta proba deportiva, enmarcada no circuíto Trail Series.

Os máis de douscentos corredores que tomarán parte no trail San isidro deberán percorrerr unha distancia de trece quilómetros e medio. A proba, que se disputará o domingo 24 de febreiro, discorrerá polos montes de San Isidro pasando por encraves emblemátivos como a subida ó Salgueiro, a Ponte das Taras ou o Petón do Vento.

Dende a comunidade de montes de San Isidro agradecer a Arousa Neo a organización deste trail que contribúe a dar a coñecer a beleza natural da parroquia. Precisamente, un dos obxectivos do concello é dinamizar o rural a través do deporte.

Aqueles corredores interesados en coñecer máis a fondo o circuíto poden acudir mañá ás catro e media da tarde á quedada convocada pola organización. E aqueles outros que aínda non se animaron a inscribirese están a tempo de facelo ata o vindeiro mércores na web trailseries.run.