Abal pedirá en pleno o apoio de Cambados á Festa do Albariño de Cuxhaven

CAMBADOS> Cambados Pode pedirá o apoio do concello cambadés á Festa do Albariño de Cuxhaven. José Ramón Abal levará a cuestión ao vindeiro pleno, solicitando ao executivo que non se opoña á celebración. Abal tamén respondeu ás críticas dos seus excompañeiros de goberno: a marca ‘Festa do Albariño’ non ten protección fóra de España.

A polémica levantada polo anuncio da celebración da segunda Festa do Albariño de Cuxhaven irá ao pleno cambadés. O edil de Cambados Pode presentará unha moción para pedir o apoio do equipo de goberno á cita.

O bipartito anunciou que tomará medidas contra o concello de Vilanova se non renuncia a usar a denominación Festa do Albariño. Segundo Abal Varela, a marca non está rexistrada a nivel internacional.

En canto ás críticas dos seus excompañeiros polo seu papel na organización, o edil de Cambados Pode defendeu que simplemente é un colaborador na preparación da cita, que depende do Centro Galego de Cuxhaven. Algo no que tamén insistiu o alcalde vilanovés, o outro implicado na polémica.

Tamén defendeu que os organizadores escolleran a Abal para coordinar a cita coas adegas, e negou que estea a empregar a festa como unha arma contra o seu partido na comarca.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí