Veciños de Bamio opóñense a instalación dunha antena de telefonía

    bamio_-vecios_100.jpgVILAGARCÍA > Veciños do lugar do Campanario en Bamio-Vilagarcía opóñense á instalación dunha base de servizos de telecomunicación

    … para a empresa Vodafone nun hotel desta localidade. Estes afectados pensan que este non é o lugar máis axeitados para instalar este tipo de instalación das que aínda non se coñece se son totalmente inocuas para a saúde, pero que xa rexeitaron en moitos sitios. Este veciños pensan que esta antena vai a supoñer un serio prexuízo para a súa saúde a curto ou longo prazo por estar situada a menos de 12 metros das vivendas máis cercanas; polo que pediron ó Concello, neste prazo de presentación de alegacións, que non conceda dita licencia de instalación.

    Os veciños xa emprenderon unha recollida de sinaturas ca que recabaron 156 só neste entorno. Con este apoio, os do Campanario quere que a antena se instale noutro lugar afastado das vivendas, como por exemplo no monte, onde a asociación de veciños xa está negociando a instalación doutra antena similar, neste caso da compañía Movistar.Estes vilagarciáns protestan tamén porque desde o Concello só se lles avisou a tres familias de todos cantos veciños hai. No momento no que a TVSB visita o lugar onde se vai a ubicar esta instalación apareceron os propietarios do hotel onde se pretende aloxar a antena; momento no cal se produciu un tenso enfrontamento verbal entre veciños e propietarios das instalacións hostaleiras.

    Os arrendatarios aseguraron que esta parabólica só vai a repetir unha sinal para aumentar a cobertura de tecnoloxías como a 3g, pero cunha intensidade moi inferior a outras existentes. Tal e como lle aseguraron desde Vodafone España SA. dita infraestructura non supón ningún risco para a saúde dos veciños, nin para a estética do barrio, posto que vai a ir aloxada no teito do hotel. Ademais, o fillo da propietaria, asegura que él vive no inmoble de xeito permanente, polo que non ía a consentir que se instalase algo nocivo para el mesmo. Deste xeito, asegura que a inquedanza dos veciños só se debe á súa desinformación.

    Redacción Salnés