![]()
PONTEVEDRA > Esta mañá reuníronse en Pontevedra os portavoces dos distintos grupos políticos e dos representantes de persoal …
…para abordar o tema de transferencias da Deputación Provincial ó goberno autonómico.Nesta xuntanza chegouse a un acordo de crear unha comisión especial, que será aprobada no vindeiro pleno, e que negociará ante a Xunta de Galicia o proceso de transferencias e as delimitacións das funcións en ata 10 inmobles, arestora propiedade do ente provincial.
Nesta primeira reunión constitutiva, os representantes dos distintos grupos políticos xa deixaron ben marcada a súa postura ó respecto. Por unha parte, o voceiro do BNG, César Mosquera, non quixo entrar a valorar cales serán os primeiros inmobles en cambiar de titularidade ou en acceder a unha fórmula mixta de xestión.
Por outra banda, o presidente da deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, foi quen esclareceu as intencións do ente que representa: buscar unha fórmula que conveña ás dúas partes e que supoña unha maior colaboración económica, por parte do goberno galego. Segundo Louzán a Deputación vai a estar a espera das propostas de actuación da Xunta antes de mover ficha pero adiantou que o ente que representa non cederá a un mercadeo cas dependencias. Ademais, asegurou que en todo o momento, intentarán que se preserven os dereitos dos case 400 traballadores das dependencias sobre as que se van a negociar.
Un termo, claro está, no que coincide co representante da Xunta de persoal; quen estima a maiores, que se debe fuxir da privatización. Outro dos implicados na negociación,o voceiro do PSOE, quixo esclarecer antes de nada o seu papel nestas negociacións; os socialistas colaborarán neste traspaso, sempre que non sexan empregados como arma arroxadiza contra o actual goberno da Xunta. O primeiro dos centros que poderían entrar en debate serán a escola de enfermería e o Centro Príncipe Felipe, aínda que dependerá tamén das preferencias da consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.
Redacción Salnés.









