RIBEIRA> A Plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza fai unha chamada á participación na manifestación que terá lugar o próximo domingo 9 de febreiro en Compostela. A entidade desenvolverá accións previas durante toda a semana como charlas ou a presentación dunha moción tipo en tódolos concellos da comarca.
Por unha sanidade igualitaria e accesible e en contra dos recortes. Estas son as premisas da mobilización convocada en Santiago o vindeiro nove de febreiro á que se sumará a plataforma en defensa da sanidade pública do Barbanza. Como é habitual, a entidade fletará un autobús gratuíto que, realizará paradas que de costume.
A súa presenza na mobilización porá a guinda a unha campaña previa na que ademais de actividades informativas impulsaron unha moción que se debaterá en tódolos concellos do Barbanza.
Dende a plataforma fan un chamamento á participación cidadá posto que a mobilización é indispensable para frear a política de recortes. poñen como exemplo algúns dos fitos conseguidos ata o momento grazas á presión social. Entre eles, a apertura dunha quenda de tarde no servizo de diálise do hospital do Barbanza ou os problemas na atención primaria coa falla de facultativos, especialmente pediatras.