Cambados dá pulo ás súas Xornadas de Viños Escumosos dende Fitur

MADRID> Cambados presentou en Fitur a nova campaña para o seu escumoso. Fíxoo nun acto desenvido no propio stand de Turismo de Galicia, dentro das actividades promocionais da Mancomunidade do Salnés. A iniciativa impulsada polo Concello conta coa colaboración da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Cambados estreou esta tarde en Fitur algo diferente en relación a campañas desenvolvidas en edición anteriores. Aínda que o albariño se mantivo como eixo condutor foron os escumosos os que centraron toda a atención. Un produto con grandes posibilidades e que cada vez está a ter unha maior aceptación.

Precisamente aproveitouse a ocasión para presentar as VIII Xornadas de Viños Escumosos que se desenvolverán do 14 ó 16 de febreiro con degustacions, música, catas e cursos de formación. Unha iniciativa coa que busca ademáis a desestacionalización do turismo.

O acto rematou coma non podía ser doutro xeito cun brinde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí