O xuíz non ve delicto nas detencións erróneas dentro da operación ‘Camarón’

    CAMBADOS > O titular do xulgado de instrucción número 2 de Cambados, Juan Carlos Carballo, dictou o sobresemento da causa aberta contra dous axentes da Policía Nacional…

    … Estaban denunciados por un mozo de Meis e unha muller de Vilagarcía, que foron detidos por eses axentes en Ribadumia o pasado 20 de setembro, no marco da operación Camarón.

    Un dos detidos aquela noite foi o veciño de Meis Miguel Ángel Gómez, de 20 anos. Segundo nos relataba entón o mozo, foi interceptado nunha pista en Ribadumia e cando fuxía os axentes efectuaron dous disparos que acabaron incrustados na chapa do seu coche. Horas despois os axentes detiveron en Barrantes a Noelia González Rodiño, de Sanxenxo, pero residente en Vilagarcía.

    Ambos presentaron denuncia no xulgado cambadés argumentando que nada tiñan que ver con actividades ilícitas. Pero a UDYCO, e tamén o considera o xuíz, insiste en que este non é o caso de Noelia González. A muller está vinculada a un dos detidos esta semana, pola súa presunta relación cunha organización que pretendía introducir 253 quilos de cocaína nun contedor que foi interceptado en marzo no porto de Alxeciras. Falamos dos irmáns Francisco e Rafael Thomas, ambos xestionaron a empresa Salnespán, a primeira cooperativa de panadeiros de Galicia inaugurada en 2003, cun amplo respaldo político.

    O xuíz da Audiencia Nacional Baltasar Garzón que instrúe o caso ordenou o seu ingreso en prisión, xunto cun veciño do Grove Jesús Manuel Garrido, Sergio P.R. que rexenta unha zapatería en Cambados, e outros dous individuos detidos en Cambados, F.G.M.A. e J.P.I.. Quedaron en liberdade un colombiano e un veciño de Vigo.

    Redacción Salnés