A Mancomunidade seguirá promocionando a comarca por Europa

    CAMBADOS> Sobre esta polémica viaxe a Francia da Mancomunidade, precisamente, fixeron unha valoración moi positiva esta mañá deste a entidade comarcal. Foi nunha rolda de prensa na que anunciaron tamén que mañá mesmo parte unha delegación a Nápoles para asinar un convenio turístico coa rexión de Campania. A viaxe que a Mancomunidade realiza ou á Bretaña francesa para promocionar o albariño e a variante espiritual do Camiño de Santiago, foi todo un éxito. Así o definiu esta mañá en Cambados unha importante representación da entidade comarcal, que participou na viaxe. O presidente en funcións da Mancomunidade destacou que esta promoción internacional está sendo esencial na consecución dos bos datos turísticos da comarca, a primeira de Galicia e a cuarta de España en canto a turismo se refire. E ademais destacou o apoio que a Mancomunidade está ofrecer ós concellos de Ribadumia e Cambados á hora de promocionar as súas potencialidades no exterior. Tino Lores, presidente da Asociación Amigos do Camiño Portugués destacou tamén a importante tradición que Francia ten con esta variante do Camiño. E anunciou que mañá mesmo viaxarán a Nápoles, para asinar un convenio coa rexión italiana de Campania. A Nápoles viaxarán desde mañá e ata sábado o alcalde de Ribadumia, o edil de enoturismo de Cambados, o xerente da Mancomunidade do Salnés, o seu delegado de Turismo, e o presidente da Asociación do Camiño Portugués.