VILAGARCIA> Aproveitando o día da xustiza gratuíta, os avogados saíron nas diferentes sedes xudiciais a manifestarse para denunciar as súas precarias condicións laborais. Segundo advirte, a avogacía de oficio conta con numerosas deficiencias como falta de retribucións e de vacacións, pero a súa principal reclamación é formar parte da seguridade social. O BNG levará esta semana a pleno unha proposición non de lei que os avogados agardan que se aprobe por maioría no parlamento para que posteriormente se converta nunha realidade.
Levan toda a vida defendendo os dereitos dos demais e consideran que xa é hora de loitar polas súas condicións. A avogacía maniféstase nas diferentes sedes xudiciais no día da xustiza gratuíta para reclamar mellores condicións laborais.
Precisamente, no caso da avogacía de oficio esas condicións laborais son aínda máis precarias.
A alta na seguridade social é a súa reclamación máis importante.
A solución ás súas reclamacións pode pasar por unha proposición non de lei levada ao parlamento polo BNG.
Os avogados agardan que a proposta saia adiante e darán marxe aos políticos para que recollan todo isto nas leis. Do contrario valorarán as súas opcións para continuar reclamando os seus dereitos.











