Importantes victorias dos equipos do Salnés en fútbol sala

futsal100_201107.jpgSALNÉS > Boas novas as que chegan desta fin de semana. O Viajes Interrías semella que sae do pozo no que estaba metido tras conseguir a súa segunda victoria nos últimos tres partidos.

O sábado pasaron por riba do Ponferrada XXI, colista da categoría, ó que venceron sen problemas por 7 a 4. Os de Portonovo teñen agora un importante compromiso ante o Rompiente, equipo que os precede na clasificación xeral. Unha victoria, sacaríaos da parte baixa da táboa .

Paso de xigante o que deu tamén o Grupo Junquera Vilagarcía. A victoria era clave esta semana para escapar dos postos de perigo e situarse na zona morna da táboa. E conseguíuse en dous minutos eléctricos, do 31 ó 33, no que acadaron tres tantos, pasando nun intre do 3-4 ó 6-4 final.

Tralas últimas dúas victorias consecutivas, o Grupo Junquera séguese recuperando e escalando posicións na xeral. Agora son séptimos, adiantan ó propio Boston Ourense e xogarán a próxima semana ante o terceiro clasificado, o Pontenova.

Redacción Salnés