Vilagarcía homenaxea ao director de cine Joe Dante

VILAGARCIA> Vilagarcía homenaxea ao director Joe Dante. O cineasta foi recibido no concello antes de participar no festival curtas, dedicado a súa película gremlins. Estará visitando a vila e a comarca ata o vindeiro 2 de novembro.

O festival curtas centra este ano o seu evento na película gremlins. Un film que marcou a moitas xeración e que a día de hoxe continúa sendo unha das películas máis vistas da historia. Como broche de ouro para esta edición, o festival contará coa participación de Joe Dante, o director da película. A visita do cineasta non pasou desapercibida e o propio concello homenaxeou ao director.

Para o festival, a visita de Joe Dante supón dar un paso de xigante e gozar da experiencia e o coñecemento dun dos grandes directores de cine.

O cineasta tamén mostrou a súa satisfacción por participar no festival. Advertindo que alá onde haxa un evento para ver cine nunha pantalla sempre será un honra estar.

O sábado 30 emitiranse no festival Curtas as dúas longametraxes de Gremlins, e posteriormente, o Joe Dante dará unha conferencia. O director estará coñecendo a vila e a comarca ata o vindeiro 2 de outubro.