VILAGARCÍA> Comeza o curso escolar. Hoxe foi día de volta ás aulas para o alumnado de toda Galicia. Moitos nervios, algo de sono e, sobre todo, moitas ganas de reencontrarse coas amizadas neste primeiro día. Para as familias, xornada de volta á rutina, moi necesaria para conciliar o persoal co laboral. O CEIP de Rubiáns, en Vilagarcía, organizou neste arranque do curso unha feira. Coa rapazada disfrazada de animais de granxa, a actividade serviu para facer máis levadeiro este regreso ás clases.
Arranca o curso escolar e neste colexio de Rubiáns, en Vilagarcía, volveron converter este primeiro día na primeira das aventuras que a rapazada vai ter por diante este curso. Este ano, o eixo transversal da formación xirará arredor da granxa e o rural galego. Así que no patio do centro organizaron unha feira tradicional, con poxas incluídas, para facer máis levadeiro este regraso ás clases.
A rapazada, disfrazada de distintos animais, comentábanos esta mañá que tiñan ganas de volver ao cole. Por aquí hoxe, poucos nervios -aínda que algo diso había- e afrontando o regreso con moitas ganas.
E do que máis ganas tiñan eran reencontrarse cos colegas.
Para as familias, hoxe tamén día importante, coa volta á rutina e a ter a vida un pouco máis organizada.
Pero o regreso ás aulas neste centro vén tamén coa primeira reivindicación do curso, aínda que non sexa nova. A dirección e a ANPA insisten na necesidade de mudar os horarios, que consideran imposibles para a conciliación. Entran ás 9:50
A hora de saída é ás 15.30h e teñen pouco máis de media hora para comer, ás veces máis, restándolle minutos para a comida ao horario lectivo.











