A Festa da Auga terá prioridade en canto as forzas de seguridade dispoñibles para garantir a seguridade

VILAGARCIA> A menos de dúas semanas de que chegue a Festa da Auga en Vilagarcía, garantir a seguridade cidadá e vial nese día, no que miles de visitantes se achegan ata a capital de Arousa é un tema de máxima prioridade para a subdelegación do Goberno en Pontevedra e o concello da localidade. Maika Larriba e Alberto Varela compareceron ante os medios tras a Xunta de Seguridade Local que se celebrou en Vilagarcía, esta mañá.
O vindeiro 15 de agosto Vilagarcía converterase nun fervedorio de persoas provintes de tódolos puntos de Galicia para a celebración da Festa da Auga. Conscientes da importante repercusión de esta festa dende o concello e a suddelegación do Goberno traballan “man a man”, para garantir a seguridade de todos os que ese día se acheguen ata a capital de Arousa.
A subdelegada do Goberno Maica Larriba sinalou que esa xornada terá prioridade en canto aos efectivos dispoñibles de emerxencias para garantir a seguridade.
Vilagarcía sumarase tamén durante a súa celebración a unha iniciativa, que outros concellos da contorna xa están poñendo en marcha para apoiar e asesorar a aquelas mulleres que sexan vítimas de calquera abuso. Este punto estará localizado na Praza do Auditorio e será visible dende diferentes zonas da cidade. l