RIBEIRA> Barbeiro de profesión, este peculiar artista debuxou ata poucos anos antes da súa morte a numerosos ribeirenses, así como tamén a persoeiros da vida política, social e deportiva do país. A edil de Cultura, Fabiola García, foi a encargada de inaugurar esta exposición, que a partir de hoxe e de xeito permamente poderá visitarse no centro cultural Lustres Rivas durante o seu horario de apertura. Trátase dunha mostra composta por un total de 193 caricaturas presentadas en 36 cadros realizadas polo artista local Pepe Núñez.
Inicio Barbanza - Muros - Noia