O PP denuncia novas irregularidades na urbanización Virxe da Guadalupe

    denunciapprianxo_100_211107.jpgRIANXO > O voceiro do PP de Rianxo, Xosé Ramón Vázquez, denuncia a reducción de prazas do parquing público na urbanización Virxe da Guadalupe.

    Esta non é a primeira vez que os membros do Partido Popular de Rianxo amosan o seu malestar co proceso levado a cabo polo executivo para a construción desta urbanización.

    Segundo Xosé Ramón Vázquez, cando se aprobou o estudo de detalle entre o concello rianxeiro e a empresa Mahía Grupo 2 estaba previsto a realización dunha praza pública de máis de cinco mil metros cadrados en cuxo subsolo iría instalada a nova praza de abastos. A superficie restante sería destinada a aparcamento público, pero o número de prazas veuse agora considerablemente reducido.

    Segundo el a máxima beneficiaria da actuación está a se-la empresa construtora. Pola contra, dende o executivo local negan estas afirmacións e acusan ó portavoz da oposición de tentar enganar á opinión pública con mentiras. Neste sentido, instan ó líder dos populares rianxeiros a presentar probas que avalen as súas acusacións ou do contrario veranse obrigados a tomar medidas.

    {flowplayer}barbanza/denunciapprianxo.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza