Zaragoza, próxima estación dun Extrugasa hipermotivado

VILAGARCÍA> O Extrugasa preprara xa o encontro que este sábado vailles enfrontar ó Mann Filter Zaragoza. O conxunto dirixido por Tito Díaz apurará as súas últimas sesións preparatorias antes de partir o venres cara terras aragonesas.

{flowplayer}images/salnes/extrugasa_041110.flv{/flowplayer} 

Semana tranquila a vivida polo Extrugasa. Segundo o seu técnico, o equipo está contento e traballando duro. E é que os longos adestramentos lévanse mellor despois de ter gañado. Cuartas na xeral, as vilagarciáns fixeron en seis partidos a metade do que se lles pedía a prinicipio de ano. 

O bo inicio de temporada dálles folgos, pero mantéñense na terra. Saben que as dúas vindeiras xornadas serán moi duras, en condicións normais os seus rivais deberían gañar por potencial e presuposto. O próximo en visitar Fontecarmoa será o Perfumerías Avenida, segundo na liga e aínda invicto. Antes, este sábado, despránzanse ata Zaragoza para enfrontarse ó Mann Filter, que camiña na táboa xusto por detrás do Extrugasa, en quinto lugar. Iso sí, de xeito circunstancial. Este ano o equipo maño aspira a todo, ou case todo. 

O seu potencial é terrible a nivel ofensivo. Entre as súas xogadoras máis importantes, dúas ex- do Extrugasa, a base Keisha Brown e a ala-pivot búlgara Jaklin Zlatanova. Por fóra posúen a Allison Feaster, a súa máxima referencia en ataque xunto a pivot Kay Henry, gran reboteadora e anotadora. 

Para manter alto o nivel defensivo é preciso ter as xogadoras en perfectas condicións físicas e de momento as lesións non están a aparecer por Fontecarmoa. O equipo adestra hoxe por última vez en Vilagarcía antes de partir mañá cara Zaragoza.

Redacción Salnés