Mañá comezan no Grove as Xornadas de Exaltación da Centola

    centola_100_001.jpgO GROVE > A centola vai a ser a protagonista das cociñas mecas. Dende mañá ata o nove de decembro, 23 restaurantes terán como…

    …menú principal este marisco. O motivo, que este venres se abre a veda de captura da centola. Un crustáceo que para moitos é o rei do marisco do Grove, e que non se puido ofertar na pasada festa do marisco. A flota de enmalle grovense xa está preparada para comezar a extracción do crustáceo a partir de hoxe ás 12 da noite.

    Dende o concello confían en que este ano se repita o éxito obtido en edicións anteriores, sobre todo cara a próxima ponte da Constitución. Aínda que non hai un prezo unificado entre tódolos restaurantes, o alcalde asegura que serán asequibles.

    Os visitantes que vaian ata o Grove para degustar do marisco da ría tamén poderán participar nunha serie de actividades que se enmarcan dentro destas xornadas. Están organizadas polo concello e a confraría, e van dende o primeiro open internacional de fotografía submariña, un concurso á mellor centola, ou a posibilidade de pasar todo un día de faena nun barco cos mariñeiros que se adican á captura do crústaceo.

    Redacción Salnés