Terra de Asorei analiza a situación actual e o futuro da viticultura no X Foro do Albariño

MEIS> Coñecer a situación do sector vitivinícola e adaptarse aos novos tempos para continuar elaborando un viño de calidade, este é o obxectivo co que a adega Terra de Asorei organiza o X foro do Albariño. A longo desta semana, expertos do sector a nivel local e nacional presentan a súa visión do sector nas instalacións da cooperativa en Meis e no Centro Comarcla de Exposalnés en Cambados.

A adega Terra de Asorei xunto coa Universidade de Santiago de Compostela volven a colaborar para celebrar o X Foro do Albariño. Unhas xornadas que buscan analizar a situación do sector vitivinícola e como se adapta aos novos tempos e á evolución do mercado.

As xornadas alternan relatores e catas para os 24 participantes así como actividades de portas abertas. Entre os relatores destacan persoas que estiveron nos inicios do sector no Salnés como é o caso de Hernando Martínez.

A sustentabilidade é un dos piares de presente e futuro para o sector, de aí a importancia de proxectos como o de Algaterra.

Outra pata importante para o sector é o enoturismo. O foro contou con expertos na materia como Lluís Tolosa, que analizou a situación do enoturismo en España destacando as posibilidades das Rías Baixas.

O foro estase levando a cabo alternando as instalacións da adega Terra de Asorei e de Exposalnés en Cambados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí