Un raio derruba parcialmente unha casa de Vilanova

    dentrocasa_100_001.jpgVILANOVA > Un lóstrego provocou importantes danos nunha casa da parroquia de San Miguel de Leiro, en Vilanova.

    As paredes dunha das habitacións da vivenda derrubáronse e a instalación eléctrica quedou inservible.

    Segundo parece, o raio puido entrar pola cheminea da vivenda, que está ó carón da antena da televisión. Expandiuse polo interior da casa e derrubou as paredes da habitación que se atopaba debaixo da cheminea. O estoupido producido polo lóstrego espertou a Miguel Suárez e súa muller que nese momento estaban durmindo. Din que a pesar dos danos materiais causados, a traxedia puido ser moito maior porque no cuarto agora desfeito durmía a súa filla, que nese momento non estaba na casa. Os donos da casa quéixanse da pouca atención que recibiron, xa que os bombeiros non chegaron alí ata as cinco da madrugada. T

    oda a instalación eléctrica da casa quedou inservible, e o impacto do raio tamén fixo saltar as tellas e tirou un poste telefónico. Ademais outra vivenda veciña tamén sufriu danos polo mesmo raio. O impacto do lóstrego tiroulle o portal ó chan, e tamén se estropeou a instalación eléctrica.

    Polo de agora na casa de Miguel Suárez tiveron que comezar hoxe coas obras para arranxa-la casa xa que se espera que hoxe e mañá sexan días de bastante choiva.

    Redacción Salnés