Nova xornada de concentracións no hospital da Barbanza

    BARBANZA> Ademais do persoal do centro, a mobilización contou tamén co apoio de varios veciños, que quixeron sumarse a este acto reivindicativo en contra do desmantelamento da sanidade pública. As portas do hospital, persoal do centro hospitalario e tamén veciños en xeral, realizaron unha sentada en sinal de protesta contra o peche de camas que o Sergas ten anunciado para os meses de verán. Unha semana máis continúan coa súa reclamación, ó considerar ademais que este ano vai a ser o ano no que máis camas se pechan e por máis tempo. Dende o propio persoal deste centro hospitalario laméntase que o Servizo galego de Saúde non dea marcha atrás no seu posicionamento. Aínda así, anuncian que continuarán con este tipo de actos reivindicativos en contra das políticas de recortes que está a introducir o Goberno e que afectan á veciñanza. As concentración ás portas dos hospitais remataron hoxe. Aínda así está prevista unha convocatoria a nivel xeral a vindeira semana en Santiago, ás portas da sede do SERGAS, coincidindo coa reunión da Mesa Sectorial.