Abre ó tráfico a conexión entre Sampaio e Portobravo

LOUSAME> Este mediodía entrou en servizo unha nova vía de conexión entre Portobravo e Sampaio, nos concellos de Lousame e Noia. Este treito dun quilómetro suporá unha importante redución de tempo na conexión da comarca con Santiago. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro,  asistiu ó acto de inauguración do novo vial entre Portobravo e Sampaio, que suporá unha importante mellora nas comunicacións da comarca de Muros Noia con Santiago. A conexión, de aproximadamente un quilómetro de distancia, supuxo un investimento dun millón trescentos mil euros. Esta actuación vense sumar ós numerosos investimentos realizados pola Xunta nos últimos anos para mellorar as comunicacións da comarca coa capital galega. Ademais da redución dos tempos, esta obra suporá unha importante mellora da seguridade eliminando boa parte da circulación rodada dos treitos urbanos.