NOIA> A actividade está organizada pola Asociación Noia Limpa e o Concello. Terá lugar a partir das once da mañá e coincidirá coa conmemoración do Día Mundial da Limpeza.
Esta mañá presentábase no concello noiés unha xornada de concienciación ambiental que terá lugar este vindeiro sábado 18 na praia de Testal. A actividade, que consistirá basicamente nunha limpeza deste areal, está promovida pola Asociación Noia Limpa e o propio Concello. Terá lugar a partir das once da mañá e estará aberta a toda veciñanza que queira participar.
A iniciativa coincidirá ademais co Día Mundial da Limpeza.
Coa xornada colaboran tamén diversas entidades e empresas, como é o caso El Jardín Arte Floral, Bake Alvaro, Alba Manzanedo Estudo Creativo ou a Escola de Surf As Furnas.