IPdeR solicita medidas para paliar a crise no sector pesqueiro

    ipr_100_060608.jpgRIBEIRA > IPdeR vén de mostrar a súa solidariedade co sector pesqueiro ante a crise motivada pola forte suba dos combustibles e as importancións de peixe.

    {flowplayer}barbanza/ipr.flv{/flowplayer}

    A través dun manifesto, os integrantes da agrupación Iniciativa Progresista de Ribeira quixeron mostrar o seu total apoio a todos os sectores prexudicados pola suba dos combustibles, facendo fincapé nos traballadores do mar, que engaden a isto o baixo prezo que está a acadar o peixe en orixe e a importación de produto.

    Pleno extraordinario

    O comunicado será remitido á Presidencia da Xunta de Galicia e á Consellería de Pesca. Asemade, solicitarán a convocatoria dun pleno extraordinario no concello de Ribeira para que se aprobe un acordo no que se asuman as reinvidicacións do sector, que son entre outras, reducción de impostos engadidos aos carburantes e das cotizacións a Seguridade Social dos traballadores do mar así como un acordo de mínimos para garantir a cotización do produto en primeira venda.

    Tamén se solicitará a supresión do que consideran son tarifas portuarias elevadas que non se reflicten cos servizos ofrecidos.

    Redacción Barbanza