MUROS> A corporación municipal aprobou na última sesión plenaria unha proposta para asignar unha dotación económica duns 25 mil euros a dous colectivo culturais encargados de organizar estas dúas citas, comos son as asociacións Esteirana e Praia do Castelo.
As Carrilanas de Esteiro e o Festival Castelo Rock veñen de recibir un pulo importante por parte da corporación municipal, que por unanimidade, aprobaba unha proposta do BNG, emendada posteriormente polo PP, para asignarlle ós dous colectivos encargados da súa organización unha partida municipal de alomenos uns 25 mil euros ó ano, a xeito de colaboración. Cabe lembrar que estas dúas actividades atraen tódolos anos a multitude de persoas ó municipio.