Estabilidade, seguridade e igualdade no emprego

    candidomendezfrinsa_100_271.jpgRIBEIRA > O secretario xeral da UXT, Cándido Méndez, visitou esta mañá as instalacións da conserveira Frinsa en Ribeira.

    Tras reunirse co cadro directivo da empresa para coñece-lo seu modelo de produción, o responsable sindical mantivo un encontro cos traballadores para expoñerlle-los tres obxectivos básicos da súa organización: estabilidade no emprego, seguridade e hixiene, e igualdade.

    Na reunión mantida esta mañá polo secretario xeral da UXT, Cándido Méndez, e o equipo directivo da empresa Frinsa, en ausencia do seu presidente, Ramiro Carregal que non puido asistir por motivos de sáude, o máximo responsable da organización sindical interesouse polo modelo de produción da empresa e os seus obxectivos económicos.

    Trala xuntanza, Cándido Méndez percorreu as distintas plantas de produción ubicadas no polígono do Xarás, na compaña do director xeral de Frinsa, Jorge Carregal, o secretario xeral de UXT Galicia, Jose Antonio Gómez, e o secretario xeral da Federación de Traballadores da Alimentación da UXT, Jesús García.

    Cándido Méndez destacou o bo camiño seguido por Frinsa na súa aposta pola diversificación posto que dende a súa creación como distribuidora de xeo ten ampliado as súas actividades converténdose nunha das empresas líder no sector conserveiro.

    Encontro cos traballadores

    Posteriormente, o secretario xeral da UXT mantivo un encontro cunha representación dos traballadores da Frinsa, a quen lles expuxo os tres obxectivos básicos da formación sindical para a mellora das condicións laborais.

    Pola súa banda, o secretario xeral da Federación de Traballadores da Alimentación da UXT, Jesús García, apelou á necesidade de competir en calidade, diversificando produtos e mercados.

    Cándido Méndez valorou moi positivamente a visita, a primeira que realiza a unha conserveira galega, posto que tivo ocasión de agradecer ós traballadores o seu firme compromiso coa Unión Xeral de Traballadores. E non en van, xa que máis da metade do cadro de persoal de Frinsa están afiliados a esta organización sindical.

    {flowplayer}barbanza/candidomendezfrinsa.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza