Unha utopía é a definición que lle da o partido socialista de Sanxenxo a axenda 2015 presentada polo alcalde a pasada semana. Segundo Dulcinea Aguín, voceira socialista, as inversións que pretende desenvolver o grupo de goberno non corresponden coa realidade do concello xa que hai necesidades básicas que están ainda sen cubrir.
Moi escéptico foi o partido socialista de sanxenxo coa axenda 2.015 que presentou Telmo Martin a pasada semana. En primeiro lugar cren que a maneira de presentación dun proxecto destas características non foi a correcta xa que se fixo un chamamento clandestino os líderes de opinión do concello.
Por outra banda o plan extratexico de infraestructuras e servicios que o grupo de goberno pretende desenvolver dende este ano ata o 2015 é utópico para os socialistas. Segundo este partido hai necesidades básicas, como o saneamento integral do concello, que están ainda sen cubrir.
Os socialistas pensan que para que o concello prospere débese facer un plan estratéxico de emprego, centros temáticos de ocio e vivendas sociais para os xóvenes. Deste xeito están a favor de todolo que sexa favorable para Sanxenxo sempre e cando se establezcan prioridades.