Megasa comprométese a intalar un sistema de canalización das sustancias tóxicas

    megasa100ok_271107_001.jpgVILAGARCÍA > Trala reunión mantida onte coa empresa, os veciños teñen confianza en que se cumpran o compromiso que se adquiriu para instalar un sistema que canalice as emisións

    … Megasa ten de prazo 2 meses para poñelo en funcionamento.

     Unha xuntanza que transcorreu con normalidade segundo relatan os veciños que saíron da reunión co compromiso da Megasa para instalar un sistema que palíe a demanda dos veciños, o cese de sustancias tóxicas a atmosfera.

    A segunda das peticións veciñais á empresa foi o traslado da fábrica a outro lugar, e lonxe da negativa de Megasa, estarían dispostos a cambiar de ubicación se teñen onde facelo Aínda que as negociacións van por bo camiño, seguirán loitando porque todo o prometido se cumpra.

     Para iso xa teñen concertada unha entrevista coa alcaldesa de Vilagarcía para que a través da administración correspondente se poida facer un seguimento das medidas acordadas, así como trata-lo traslado da empresa.

    Redacción Salnés