OUTES> O salón de plenos da casa consistorial outense acollía esta mañá a sinatura do convenio de colaboración entre a consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes e o Concello, en virtude do cal se mellorará o equipamento da piscina municipal.
Así, entre outras cuestión, prevese a renovación da maquinaria do ximnasio, diversas mellora no control da temperatura de todo o complexo deportivo e a instalación duns elevadores para persoas con mobilidade reducida.
O orzamento das actuacións a realizar ascende a uns 73 mil euros, dos cales a Xunta aportará o 90% e a cantidade restante será asumida polo Concello.
O conselleiro da Presidencia, Xustiza e Deportes destacou a importancia desta actuación que se enmarca no compromiso da Xunta de ir mellorando as instalacións deportivas municipais.
Segundo informou o propio alcalde, as actuacións, que darán comezo á maior brevidade de tempo posible, non interferirán no uso das instalacións que continuarán abertas no seu horario habitual, para así poder seguir dando resposta ós preto de 800 usuarios que ten na actualidade.











