A campaña da vacinación antigripal amplíase ata o 14 de decembro

    delegadosanidade_100.jpgVILAGARCÍA > A campaña da vacina da gripe vaise a ampliar quince días máis. Nun comezo estaba previsto que finalizase este venres,…

    pero agora os que o desexen poderán acudir a vacinarse ós centros médicos ata o 14 de decembro. A campaña vai dirixida ós maiores de 65 anos, as persoas con enfermidades respiratorias ou cardiovasculares, as mulleres embarazadas,e ós nenos con tratamentos prolongados. A Consellería de Sanidade pretende que polo menos un 65 por cento destas persoas se vacinen. Pero, polo de agora, a cobertura acadada entre a poboación foi reducida, polo que se ampliou o prazo da campaña. Ademais a baixa actividade gripal fai posible que a adquisición de anticorpos aínda sexa efectiva ata mediados do mes vindeiro.

    Das 650.000 doses antigripais, unhas 163.000 mil vanse a repartir entre os hospitais e centros médicos de Pontevedra. Esta provincia, especialmente a súa metade norte, é unha das áreas sanitarias onde menos xente se vacina contra a gripe. O delegado provincial de Sanidade, Juan Antonio Martín Tejedor, insiste en que “non se pode banalizar con esta enfermidade, pola que cada ano morren ó redor dunhas 3.000 persoas en España, de xeito directo ou indirecto”. Dentro deste grupo de risco están as persoas con patoloxías crónicas cardiovasculares, respitarorias, algunhas metabólicas, ou aquelas que conten cun sistema inmunitario debilitado.

    Redacción Salnés