OUTES> Varios informes revelan que no interior do inmoble rexístranse niveles de radón moi por riba dos límites establecidos pola normativa europea.
Dende a publicación do primeiro estudo, no ano 2009, a dirección do centro púxose en contacto coa delegación de Educación. Ante a falla de resposta inicial, o propio instituto encargou un novo informe para completar o anterior, obtendo como resultado a existencia de zonas con especial concentración de radón.
{flowplayer}barbanza/concentracionradonoutes.flv{/flowplayer}
A posible solución pasaría pola instalación de sistemas de ventilación naqueles espazos onde non se pode realizar de xeito natural. Sen intención de crear alarma social, dende a dirección esixen á xefatura territorial de Educación que se actúe de inmediato lembrando os efectos nocivos para a saúde que pode ter a inhalación de radón en grandes cantidades.
O director do centro amósase optimista ante as últimas novas procedentes da Consellería. Agardan obter unha resposta ó longo desta semana.
Redacción Barbanza