Un trailer de transporte de mercancías bateu contra a capela de San Simón

    accidentetrailer_100.jpgVILANOVA > Esta tarde, sobre ás 3.30, produciuse un novo accidente de circulación na estrada PO 531, no lugar de San Simón, en Baión, Vilanova.

    Neste sinistro só se viu implicado un trailer de grandes dimensións da empresa compostelana Puentevea Transportes, cando trasladaba esta viga de formigón de 65 toneladas de pesca, para ser empregada nas obras do Porto Exterior de Ferrol.

    Ó parecer o trailer saíuse só da estrada cando circulaba costa arriba sentido Santiago; e a ampla viga foi bater contra a capela de San Simón; causándolle desperfectos leves.

    O cura párroco desta localidade, Enrique Porto Rey, foi alertado do accidente urxentemente polos veciños. Poren, a súa chegada ó lugar do sinistro comprobou que os danos non tiñan maior importancia.

    A circulación estivo cortada durante varias horas neste punto á espera dun gran guindastre que axudase a retirar o trailer e a súa carga da calzada. Esto obrigou a máis de media ducia de axentes da garda civil de Tráfico do destacamento de Pontevedra, a redesviar ós automóbiles por estradas secundarias.

    Redacción Salnés.