O concello de Boiro desaconsella o uso das fontes públicas

BOIRO> O concello de Boiro desaconsella o uso das fontes públicas durante a crise sanitaria para minimizar o risco de contaxio. No caso de utilizalas, recomendan extremar as medidas de precaución á hora de manipular os grifos.

O concello de Boiro procedeu á instalación de indicadores nas preto de corenta fontes públicas que ten catalogadas. A administración desaconsella o seu uso mentres non remita a pandemia provocada polo covid-19.

No caso daqueles veciños que opten por utilizalas, deberán extremar ó máximo as medidas de hixiene e protección.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí