A andaina solidaria de Jealsa tingue Boiro de laranxa

BOIRO> A andaina solidaria Jealsa-Barbantia Roda celebrada onte domingo en Boiro resultou todo un éxito.

Na iniciativa, que chegou este ano á súa terceira edición,  participaron preto dun millar de persoas.

A causa ben o merecía, pois todo o recadado na proba irá a parar á Fundación Stop Leucemia para a investigación e loita contra o cancro hematolóxico.

Dende primeiras horas da mañá os participantes fóronse concentrando nas inmediacións da praza de Galicia.

Dende alí iniciouse posteriormente un percorrido de dificultade moderada duns doce quilómetros por diferentes espazos da localidade ata chegar de novo ó punto de partida.

Dende a organización destacaron o bo ambiente vivido ó longo da proba, converténdose nunha gran marcha laranxa, cor da camiseta da edición deste ano.

Nuns días farase reconto do recadado na proba e farase entrega do cheque á Fundación Stop Leucemia.

Ademais de Jealsa, a proba contou co patrocinio de numerosas empresas locais que sumaron esforzos para esta boa causa como é o caso da farmacia Cimadevila, Confitería Belén, Triñanes Vestuario Laboral, a clínica dental Rebeca Ozores e o grupo Chicolino.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí