Nova campaña policial para sancionar infraccións nas rotondas

    rotondas100_301107_001.jpgPONTEVEDRA > Arranca unha nova campaña dirixida aos condutores, esta vez, con sancións. O concello de Pontevedra…

    …e a Policía Local comezaron dende o luns unha campaña sobre circulación nas rotondas, que ten por obxecto reducir os accidentes neses conflitivos puntos das carreteiras.

    Na campaña de abril reduciuse a sinistralidade nun 20%, nos 6 meses posteriores á campaña. Rotondas e glorietas son os puntos con maior sinistralidade no casco urbano. Os condutores non temos nada claro cómo debemos circular por elas, por iso, concello e policía uníronse para, primeiro insistir na información, e despois, sancionar.

    As multas serán de 160 € e retirada de 4 puntos do carné. A parte informativa da campaña tratará de chegar ó maior número de cidadáns, a través de anuncios en prensa e televisión, buzoneo dun tríptico explicativo editado polo concello e a colocación de carteis informativos nas propias rotondas.

    Con estes datos, a circulación nas rotondas, parece máis sinxela: os vehículos que están dentro da rotonda, teñen preferencia sobre os que fan a incorporación á mesma. O carril exterior da rotonda, ten preferencia sobre o carril interior, de modo que para abandonar a rotonda, debe facerse polo lado dereito, ou sexa, polo carril exterior. Hai que ter en conta que quen cambie de carril, ten a obriga de ceder o paso.

    Prudencia e respecto, ante o notable descoñecemento sobre a circulación en rotondas e glorietas. Dúas semanas de información e despois, recorden, chegarán as sancións.

    Redacción Salnés