A ILLA> Coas eleccións autonómicas á vista, o candidato do PSdeG visitou esta mañá a illa de Arousa para mostra o seu apoio ao sector do mar. Gonzalo Caballero afirmou que o seu partido aposta por unha Galicia azul, aberta ao mar e que explote con respecto os recursos mariño.
O sector do mar é un dos máis importantes da comunidade galega. Entre as propostas dos candidatos ás eleccións autonómicas do vindeiro domingo inclúense numerosas medidas para potenciar este sector. O candidato do PSdeG visitou esta mañá a Illa de Arousa para mostrar o seu apoio aos mariñeiros e armadores, e presentar a súa aposta por unha Galicia azul, aberta ao mar e sostible.
Gonzalo Caballero asegura que apoiarán un plan de comercialización dos produtos primarios da pesca e que defenderán o sector a nivel nacional e europeo.
Estas eleccións virán marcadas pola crise sanitaria e económica provocada polo Covid 19. Os socialistas preparan diferentes medidas para protexer ao sector nesta situación.
Segundo o líder do PSdeG, o seu partido ten preparadas varias ducias de medidas para o sector do mar e as empresas que traballan cos seus produtos. Gonzalo Caballero tamén asegurou que garantirán que todas fábricas que traballen dentro da legalidade manterán a súa actividade.