A centola acada os 26 euros nun arranque de campaña con poucas capturas

    O GROVE> A primeira xornada da campaña da centola volveu converter a lonxa de O Grove no centro de atención. Tras pasar toda a mañá faenando, os mariñeiros voltaron a terra con menos capturas que o ano pasado. Un revés que compensa o prezo que acadou na poxa: as pezas máis caras vendéronse a 26 euros. 

     

    A abundancia de polbo na ría e as condicións meteorolóxicas lastraron o arranque da campaña da centola. As dificultades deixáronse notar na lonxa de O Grove, que este luns recibiu menos da metade de captura que o ano pasado.

    Pero os prezos compensaron as baixas capturas. Fronte os 18,70 euros que se marcaron como tope o ano pasado, neste arranque as mellores pezas acadaron os 26 na poxa. Un custo que tamén se xustifica pola calidade do produto.

    Aínda que o arranque foi peor do agardado, o sector confía en que as capturas melloren, e que a demanda da campaña de Nadal lles favoreza.

    Por iso dende O Grove prefiren deixar as valoracións para a fin da campaña.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/apertura_campana_centola_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/11novembro/14/apertura_campana_centola.mp4{/flowplayer}