A Fundación Santander colabora co novo taller de xardinería de AMICOS

BOIRO> A colaboración do Banco Santander fará posible a posta en marcha dun taller de xardinería por parte da asociación AMICOS. Os concellos da comarca colaboran tamén con este proxecto ó que a entidade financeira achega cinco mil euros. O luns dará comezo cunha experiencia piloto en Noia na que participarán cinco usuarios. A partir de aí, terá continuidade no resto dos concellos da bisbarra  onde se acometerá o mantemento de diferentes xardíns urbanos. A contía aportada pola entidade financeira permitiu a adquisición do material necesario para iniciar este proxecto: dúas cortacespedes, dúas desbrozadores e diverso material de xardinería. Tamén os concellos realizarán achegas económicas ó tempo que colaborarán na organización e desenvolvemento das tarefas de xardinería. O Banco Santander elixiu ó proxecto de AMICOS de entre un total de trinta e cinco presentados en Galicia e Asturias. Cada trimestre, a entidade selecciona vinte proxectos sociais das distintas rexións a nivel nacional para prestar a súa colaboración.