Bo balance dos socorristas de Ribeira que pecharon a tempada estival sen vítimas

RIBEIRA> Balance positivo do servizo de socorrismo nas praias de Ribeira este verán. Os profesionais levaron a cabo preto de 30 rescates e numerosas intervencións. Afortunadamente non houbo que lamentar ningunha vítima normal.

O servizo de socorrismo de Ribeira fixo balance das intervencións realizadas ó longo da tempada estival. A maior parte delas centráronse nos areais de Coroso por ser un dos máis concorridos e no Vilar e na Ladeira, os que rexistran maior perigosidade.

A pesar do positivo dos resultados os profesionais demandan máis medios para prestar un servizo máis eficaz. Dispoñer dun vehículo acuático motorizado axudaría a reducir notablemente os tempos de resposta.

Dende o concello recolleron estas peticións que xa lle foran trasladadas en diversas reunións comprometéndose a dotar ó servizo de máis medios técnicos e humanos., así como a estender o servizo a toda a tempada estival e mesmo Semana Santa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí