Primeiro premio concurso I+D+I da Autoridade Portuaria

    autoridad_portu100_101207_001.jpgVILAGARCIA > Esta maña, a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, acolleu o acto de entrega oficial do segundo…

    …premio do concurso I + D + I, convocado por primeira vez, pola Autoridade Portuaria. A adxudicataria foi Raquel Díez Arenas, por un traballo sobre as bolsas de gas somero, na ría de Arousa, un interesante traballo que foi elixido por unanimidade polo xurado.

    O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía, Joaquín Javier Gago, presidiu tamén o xurado que destacou, nun segundo lugar do concurso I + D + I, o traballo de Raquel Díez Arenas.

    Os membros do xurado, estiveron asesorados en todo momento por Fernando González Laxe, catedrático de economía aplicada da Universidade da Coruña.

    O presidente do xurado cualificou a teses de exhaustiva e de moi fácil lectura. O traballo premiado foi a tesis doctoral da gañadora, licenciada en Ciencias do Mar, pola Universidade de Vigo. O traballo titulado “Gas somero y estratigrafía sísmico- secuencial do rexistro cuaternario recente da ría de Arousa” é para a autora, o recoñecemento ao traballo de moitos anos e moito esforzo.

    Segundo presidente da Autoridade Portuaria, esta é a primeira de moitas convocatorias que farán, de concursos de I + D + I, animan a tódolos científicos que traballan neste área, a preparar os seus traballos de cara a unha segunda convocatoria.

    Redacción Salnés