Giráldez di sentir ‘pena e lástima’ ante o anuncio da moción de censura do PP na Mancomunidade

CAMBADOS> A presidenta da Mancomunidade do Salnés di sentir lástima e pena ante a moción de censura que presenta o PP para apartala do cargo. Marta Giráldez, que avanza que darán a batalla na xustiza polo orgnismo comarcal, pon en dúbida os argumentos que empregou onte o alcalde de Ribadumia para xustifica-lo moción. Cuestiona a unión interesada entre o PP, Carlos Viéitez, de Veciños e Meaño, e Jose Manuel Aspérez, de Meaño Independente, para apartar aos sociliastas do poder. Asegura que este acordo chegou pola compra de vontades. Pídelle a Aspérez e ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, que digan que lle ofreceron os populares ao independente para apoiar a David Castro como novo presidente. 

O Partido Socialista non se rende e anuncia que dará a batalla por rete-la presidencia da Mancomunidade do Salnés. Antes de nada presentarán medidas cautelares que paralice a celebración do pleno da moción de censura previsto para dentro de 10 días.

A tamén alcaldesa de Meis di sentir “pena e lástima” pola decisión dos populares. En especial do papel que xoga o alcalde de Ribadumia, postulado xa como vi  ndeiro presidente comarcal.

Porque, di Giráldez, non se pode censura-lo traballo ben feito baixo a súa presidencia.

A presidenta pon o foco tamén na insólita combinación de sinaturas que apoian esa moción.

A esa, engade outra: que Viéitez comparta documento co líder de Meaño Independente.

E engade sentir rabia por como se xestou esta moción de censura.

E di que tanto Aspérez como o PP terán que dar explicacións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí